Revolución do velo

10.10.2022

Todo comezou ca morte de Mahsa Amini, unha moza que foi asasinada pola policía da moral por levar o velo mal posto. Semanas despois unha moza de 20 anos, Hadith Najafi, foi asasinada a tiros nunha manifestación. Esta muller fixérase viral por un vídeo no que se ataba o pelo sen velo.

Ali Jamenei (cabeza da clase dirixente clerical islámica) apoia a lei que esixe que todas as mulleres se cubran a cabeza en público, unha regla que se aplica dende a Revolución islámica de 1979. É unha forma de exercer represión. Non lin o Corán, pero según Vatanka (director do Programa de Irán e membro da Iniciativa Frontier Europe) di que nel non se menciona o uso obrigatorio do hiyab, debería ser unha decisión das mulleres levalo ou non.

O presidente iraní, Ebrahim Raisi, asignou fondos adicionais para que se cumpra a lei obrigatoria do hiyab, a través da Policía da Moral, a que asasinou a Mahsa Amini. Ademais disto, alentou aos iranís a tomarse a xustiza pola súa man e enfrentar a aquelas persoas que desafían as normas da obrigatoriedade do hiyab.

Moitas mulleres brancas decidiron unirse as protestas cortándose un cacho de pelo (ou como é o caso dalgunhas, as puntiñas só). Isto, eu considero que o fixeron con toda a bondade do mundo, é dicir, non creo que o fixeran para apropiarse de ningunha loita, pero está mal. Para comezar, a loita é das mulleres que non poden sair sen velo á rúa. A loita é daquelas mulleres de Irán, non nosa. Nós o que podemos facer é axudar, dándolle visibilidade. Estas mulleres do vídeo, eran actrices, etc, polo tanto, tiñan a posibilidade de usar a súa influencia para axudar a esas mulleres a que máis xente as escoite.

Por outro lado, non hai que pasar dun extremo ao outro. Refírome, non é xusto obrigar a poñerse o velo, pero tampouco é xusto que non llo deixen poñer a quen quere neses países onde din que é "unha falta de liberdade para as mulleres". Se unha muller decide por si mesma, que pola súa relixión, se vai poñer un velo na cabeza, ninguén ten dereito a dicirlle que non, e é máis, a falta de liberdade provocádeslla vós non deixando poñelo.

Como conclusión, hai que escoitar as mulleres iranís, non apropiarse da súa loita. Ademais diso, estaría ben que en calquer país do mundo calquera muller puidera decidir se leva hiyab ou non.

últimas publicacións

A produción masiva de artigos de piel comezou a mediados do século XIX, incentivada polas clases altas, xa que, isto era un símbolo de luxo e estatus. Na década de 1960, o uso de pieis xa comezou a ter unha certa connotación negativa.

É moi común que as persoas pensen que montar a cabalo non está mal, que "están feitos para iso". Isto é porque, dende sempre, normalizamos o uso dos cabales, así como o facemos con outres animais.

A experimentación animal é a acción mediante a cal se usan animais para testar diferentes produtos ou os seus ingredientes. O número de animais usado na experimentación é máis pequeno que o das granxas ou industria pesqueira, pero non por iso é menos importante. Estímase que se usan uns 115 millóns de animales para probar diferentes produtos.

Todo comezou ca morte de Mahsa Amini, unha moza que foi asasinada pola policía da moral por levar o velo mal posto. Semanas despois unha moza de 20 anos, Hadith Najafi, foi asasinada a tiros nunha manifestación. Esta muller fixérase viral por un vídeo no que se ataba o pelo sen velo.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar