Experimentación animal

11.10.2022

A experimentación animal é a acción mediante a cal se usan animais para testar diferentes produtos ou os seus ingredientes. O número de animais usado na experimentación é máis pequeno que o das granxas ou industria pesqueira, pero non por iso é menos importante. Estímase que se usan uns 115 millóns de animales para probar diferentes produtos.

Hai moitas formas de usar aos animais na experimentación animal, pero a maioría delas son dolorosas e acaban coa morte do animal.

Algunhas das áreas nas que se investiga con animais son as seguintes:

  • Investigación ecoloxista (para ver como inflúen os químicos no medio ambiente).

  • Cosméticos e produtos do fogar: Na Unión Europea, por exemplo, está prohibida a experimentación animal deste tipo. Con todo, seguen probándose os ingredientes.

  • Investigación militar: Úsanse animais para probar armamento, balas, axentes químicos, veleno, etc.

  • Experimentación biomédica.

  • Experimentación con novos materiais.

Hai alternativas á experimentación animal, que son algunhas como as seguintes:

  • Usar modelos computacionais (in silico).

  • Usar organismos como protozoos, bacterias, etc.

  • Usar métodos in vitro (órganos, cultivos, sistemas acelulares, etc)

  • Estudos en humanos.

Temos que saber que a experimentación animal non está xustificada éticamente. Os animais sinten, os animais non merecen morrer, os animais non están aquí para servirnos a nós, etc. Cando alguén experimenta con humanos, estes préstanse aos experimentos porque para nós as persoas son alguén con dereito a vivir e a decidir. Polo contrario, cando experimentamos en animais non nos importa para nada que eses animais non queiran estar aí, isto é especismo.

Como conclusión, os animais son seres que deben vivir porque non viñeron ao mundo para nós. A experimentación animal mata e tortura e non ten ningún tipo de xustificacción ética porque mata e tortura.


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar