A normalización do uso de cabalos

01.02.2023

É moi común que as persoas pensen que montar a cabalo non está mal, que "están feitos para iso". Isto é porque, dende sempre, normalizamos o uso dos cabales, así como o facemos con outres animais.

Para comezar, algo básico é saber que es animais non están aquí para nós, polo tanto non "están feitos para iso". Porén, si que están feitos para vivir en liberdade, para convivir con individues da súa especie, etc.

Para continuar, imos a centrarnos no uso de cabales, xa que diso vai o artigo de hoxe. Estes son usados para montar neles, para levar carruaxes, "deportes", etc. Historicamente, foron entrenados para a guerra, o traballo agrícola, o deporte e o transporte. Aínda hoxe é común ver policías montados en cabalos, xente que ten cabalos e se monta neles, que merca un carruaxe para que os leve ou, entre outras, e común o seu uso en desfiles.

É necesario destacar que son unhes grandes olvidades, xa que existe un enorme descoñecemento das súas necesidades e natureza. É por isto que non existe unha normativa concreta do tamaño dos boxes, tempo que deben estar no interior e exterior, etc.

Debemos saber que son animais gregaries, isto é, non son animais que deban estar sós. Moitas veces a soidade provócalles depresión e incluso a morte. Ter a unhe cabale (ou a outre animal, pero estamos falando de cabales) encerrade, é maltrato. Comunícanse a través de sinais auditivas, visuais, táctiles e olfativas, e moites delus están en establos a maioría do tempo (en ocasións incluso meses).

Outra característica dos cabalos é que durmen deitades, polo que telos nun lugar de poucas dimensións no que non caben deitados, tamén é maltrato. Se non tes espazo para ter un cabalo, non o teñas.

Algunhes, só saen do establo para que e coidadore e monte un tempo, logo volven a estar encerrades. Non fai falta explicar por que isto está mal. Só fai falta poñerse un anaco no lugar del, gustaríanos estar encerrades e que alguén se subise enriba de nós, tendo que soportar a soidade e o seu peso?

Ao estar soes e encerrades, os cabalos sufren de problemas de saúde mental, así como, esterotipias asociadas ao aburrimento (como tragar aire, movementos ambulatorios, morder barrotes, sacudir a cabeza de arriba a abaixo, automutilación, etc).

Algo que nunca se ten en conta é que a natureza des cabales, non é trotar nin galopar, senón camiñar. De feito poden chegar a camiñar entre 5 e 20 km, cando se atopan en liberdade. Ter a unhe animal, que trota ou galopa, menos do 1% do día, correndo moito tempo, tampouco é algo positivo.

Ademais disto, pastan aproximadamente 16h ao día. Polo que telo nun establo tamén vai en contra da súa natureza.

Por outro lado, a embocadura pode causar moita dor. Mencionando tamén que montalos tampouco é bo, xa que a súa espalda (totalmente recta por natureza) dóblase debido a hernias e golpes do corpo des xinetes sobre a súa espalda.

Para finalizar, quería mencionar que aínda se usan animais para desfiles e festas, etc (como dixen anteriormente) unha delas é o entroido e conxo, adxunto cartel e foto de como podes pedir que se pare:


https://www.santiagodecompostela.gal/contactos_concello.php?lg=cas

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar