O uso de pieis + iniciativa cidadá

27.02.2023

 A produción masiva de artigos de piel comezou a mediados do século XIX, incentivada polas clases altas, xa que, isto era un símbolo de luxo e estatus. Na década de 1960, o uso de pieis xa comezou a ter unha certa connotación negativa.

O número de animais que son asasinados polo negocio da pel ascende aos 80 millóns. Estes animais son apartados do seu hábitat e asasínanse para o uso da súa pel. Moitas destas especies están en risco de extinción e outras xa se extinguiron por esta práctica, exemplos son o tigre persa ou a foca monxe. Polo outro lado, cerca de 40 millóns de animais xa son directamente criados en granxas, a maioría son visóns, raposos, mapaches e chinchillas.

Este negocio move ao ano 30.000 millóns de dólares, máis do dobre que hai 10 anos. O 70% da producción mundial ten lugar en China, seguida por Corea, Rusia, Estados Unidos e Europa. Europa conta con case 5.000 granxas que producen ata 42 millóns de peles anuais. As máis comúns son as de visóns e raposos. Entre os países produtores atópanse Finlandia ou España. Con todo, en China asasínanse 125 millóns de coellos e 45 millóns de visóns, raposos e mapaches.

Aínda que as cifras seguen moi altas, e como dixemos, agora prodúcense o dobre cartos co negocio da pel que hai 10 anos, hai países nos que xa se prohibiron as granxas peleteiras. De feito, en Reino Unido, Croacia, Alemaña, Suecia, Países Baixos ou Japón, son ilegais. Outros países restrinxiron a cría de visóns.

A industria peleteira apóiase no sector da moda, e por agora o que se conseguiu foi que algunhas marcas de luxo abandonaran o uso de pieis e que algunhas personaxes famosas se posicionaran en contra.

Centrándonos agora en Europa, como vimos e unha grande productora de pieis. Existe unha iniciativa cidadá para prohibir as pieis na Unión Europea. Nesta iniciativa, que pode funcionar ou non, pero por intentalo que non sexa, piden a Comisión que prohiban:

- A posesión e o sacrificio de animais co único ou principal propósito da produción de pieis.

-A introdución no mercado da UE de pieis de animais de "granxa" e de produtos que as conteñan.

Creo sinceramente que esta petición e moi específica e que, se se consegue, non vai a acabar con todo o sufrimento ao que están sometidos os animais. Polo contrario, tamén creo que xa que alguén o ideou, se pode salvar a alguén, se se pode mellorar a lei, pode ser un punto algo positivo.

Porén es cidadáns, temos que seguir traballando pola liberación animal, xa que esta non vai a vir de parte das leis nin do Estado.

Deixo aquí a ligazón por se queredes asinar a iniciativa:

https://europa.eu/citizens-initiative/initiatives/details/2022/000002_es

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar