Que pasou co home que se puxo un corazón de porco e porque non é ético?

04.10.2022

O primeiro home que se puxo un corazón de porco era estadounidense, chamábase David Bennett e tiña 57 anos. Sufría unha grave enfermidade que non lle deixaba ser candidato a un corazón humano.

Houbo numerosos intentos de transplantar órganos de animais a humanos. Durante a década dos 60, os médicos tentaron implantar órganos de monos a humanos. Un dos pacientes sobreviviu 9 meses antes de que o corpo rechazara finalmente o órgano. Outra paciente, en 1984, só viviu 21 días despois de que lle puxeran un órgano de babuíno.

Durante décadas os médicos transplantaron partes de animais a humanos, como por exemplo: válvulas cardíacas, tecidos cutáneos e células pancreáticas de porcos. Ademais disto, logrouse transplantar corazóns de porcos a babuinos e outros primates non humanos. Un babuino sobreviviu durante 3 anos.

Os órganos dos porcos son os máis compatibles para es humanes. Isto é pola súa velocidade de crecemento e tamaño. Os transplantes fracasaban por un azucre que provoca unha reacción inmunitaria no corpo humano. Os investigadores modificaron xenéticamente e criaron porcos sen este xen que crea o azucre.

Ao ler todo isto temos que preguntarnos polo menos tres cousas: é isto ético? que pasa cos porcos? e, funcionará a longo prazo?

A resposta á primeira pregunta é non, non é ético. Temos que ter en conta que os animais, máis concretamente, os porcos, ao ser o animal do que estamos a falar, sofren. Son seres que merecen vivir. Non os debemos ver como algo inferior a nós senón como un ser distinto que ten o seu dereito a vivir. Non vemos ben matar a unhas persoas para salvar a outras, polo tanto tampouco deberíamos de ver ben matar a unhas especies para salvarnos a nós. Por que eles deben sacrificar a súa vida para salvarnos? Estamos sendo os malos dunha película de terror na que desmembramos a outros seres. Onde está a nosa empatía e altruísmo?

A resposta a segunda pregunta é que morren, obviamente. Así como criamos porcos para matalos e comelos, crian a estes porcos (modificados xenéticamente) para despois matalos e darnos os seus órganos. Outra cousa importante, é que non sabemos como vai a influir a modificación xenética na saúde dos porcos a longo prazo.

Ao parecer, o home, según o que eu lin, pudo morrer por un citomegalovirus porcino. Que quere dicir isto? Outro fracaso para o colectivo de persoas especistas que pretenden usar aos animais como obxectos para "facilitarnos" a vida a nós. 

Como conclusión, debemos entender que os animais son seres que, como xa dixen, merecen vivir e non deben dar a súa vida por nós. Non deberíamos seguir investigando isto porque non deberíamos acabar cunha vida por outra. Debemos facernos doadoras de órganos e buscar formas de facer isto éticamente, como mellorar as técnicas artificiales.

últimas publicacións

A produción masiva de artigos de piel comezou a mediados do século XIX, incentivada polas clases altas, xa que, isto era un símbolo de luxo e estatus. Na década de 1960, o uso de pieis xa comezou a ter unha certa connotación negativa.

É moi común que as persoas pensen que montar a cabalo non está mal, que "están feitos para iso". Isto é porque, dende sempre, normalizamos o uso dos cabales, así como o facemos con outres animais.

A experimentación animal é a acción mediante a cal se usan animais para testar diferentes produtos ou os seus ingredientes. O número de animais usado na experimentación é máis pequeno que o das granxas ou industria pesqueira, pero non por iso é menos importante. Estímase que se usan uns 115 millóns de animales para probar diferentes produtos.

Todo comezou ca morte de Mahsa Amini, unha moza que foi asasinada pola policía da moral por levar o velo mal posto. Semanas despois unha moza de 20 anos, Hadith Najafi, foi asasinada a tiros nunha manifestación. Esta muller fixérase viral por un vídeo no que se ataba o pelo sen velo.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar