Lei de benestar animal

07.10.2022

Esta lei de benestar animal di ser moi completa e moi necesaria. Obviamente é necesaria, pero non é completa, deixa a moitos animais fóra.

Céntrase nos animais de compañía, é dicir, aqueles que viven no domicilio familiar, dicindo que para es demais haberá leis propias. O que non din é que os deixan desprotexidos.

Falaremos a continuación das cousas que si que regula esta nova lei. Prohíbese a comercialización de animais en tendas de mascotas, pero siguen permitindo que criadores profesionales autorizados para a cría si que o fagan. Se entre persoas se dan animais, deberá de ser de xeito gratuito e quedará escrito por contrato. Prohíbese a exhibición de animais para fins comerciais e a súa participación en cabalgatas, beléns e procesións. Pero só se regula a súa aparición en romerías e ferias e ademais poderán seguir indo a concursos, pero terá que ir unhe veterinarie e unhe auxiliar de veterinaria. Antes de adoptar un can haberá que facer un curso co fin de asegurar o benestar do animal e evitar o seu abandono. Os gatos comunitarios en cidades ou pobos pasarán a recoñecerse como colonias felinas, e serán responsabilidade dos axuntamentos, pese que as comunidades deberán establecer protocolos marco. O sacrificio de animais de compañía está prohibido, salvo casos de eutanasia controlada e xustificada por veterinaries, co único fin de evitar o seu sufrimento.

Quedan polo tanto fóra desta lei os animais de explotación gandeira que seguirán sendo inxustamente asasinados e torturados. A tauromaquia, ao estar protexida a nivel constitucional, non se inclúe nesta lei e os toros tamén seguirán sendo torturados e asasinados para a "diversión dunhas cantas persoas". Os zooloxicos seguirán sendo permitidos, cando estes centros só separan aos animais da súa familia e hábitat natural.

Os mencionados anteriormente quedan fóra, pero por unha enmenda do PSOE, tamén quedarían fóra os cans de caza, que son completamente iguais que os da casa, coa pequena diferencia de que son máis abandonados e máis explotados. Ademais exclúen a todos os animais que cumpran actividades específicas, como por exemplo: deportivas, de cetrería, aves de reclamo para caza, furóns (que son ferramentas de caza, críanos descontroladamente, pérdenos ou libéranos co dano ecolóxico que supón ao ser unha especie invasora), cans pastores, guardiáns de gando ou de rescate, etc.

Como conclusión hai que loitar, a lei de benestar animal é moi débil, non protexe para nada a todos os animais. Para que esta enmenda do PSOE non sala adiante e queden fóra máis animais, vaise facer unha concentración diante da sede do PSOE o domingo 16, en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, aínda que tamén se fará en Madrid, Barcelona, Sevilla e moitas cidades máis, aquí abaixo tendes os carteis.

últimas publicacións

A produción masiva de artigos de piel comezou a mediados do século XIX, incentivada polas clases altas, xa que, isto era un símbolo de luxo e estatus. Na década de 1960, o uso de pieis xa comezou a ter unha certa connotación negativa.

É moi común que as persoas pensen que montar a cabalo non está mal, que "están feitos para iso". Isto é porque, dende sempre, normalizamos o uso dos cabales, así como o facemos con outres animais.

A experimentación animal é a acción mediante a cal se usan animais para testar diferentes produtos ou os seus ingredientes. O número de animais usado na experimentación é máis pequeno que o das granxas ou industria pesqueira, pero non por iso é menos importante. Estímase que se usan uns 115 millóns de animales para probar diferentes produtos.

Todo comezou ca morte de Mahsa Amini, unha moza que foi asasinada pola policía da moral por levar o velo mal posto. Semanas despois unha moza de 20 anos, Hadith Najafi, foi asasinada a tiros nunha manifestación. Esta muller fixérase viral por un vídeo no que se ataba o pelo sen velo.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar